Os novos ecobarcos ampliarán a oferta termal da provincia

Titular

Os novos ecobarcos ampliarán a oferta termal da provincia

Medio de comunicación

Onda Cero (Ourense)

Fecha

01/12/2022

Enlace

Ver noticia completa

Resumen

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, presentou en Arnoia as dúas novas embarcacións ecolóxicas adquiridas pola Deputación para uso turístico na comarca do Ribeiro -a «Treixadura», entre os encoros de Castrelo e Frieira- e no Xurés -a “Clamadoira”, no encoro das Conchas-. Unha actuación enmarcada no Plan de Sostibilidade Turística en “Ourense Termal” e que prevé a incorporación de dúas novas embarcacións para a provincia o vindeiro ano.

“É unha forma máis de entender o termalismo”, dixo Manuel Baltar, quen afirmou que os novos eco-barcos son “un fito máis para o desenvolvemento da provincia de Ourense e que nos diferencia como o territorio con maior potencial termal de Europa. «. Unha actuación, engadiu, «planificada desde a colaboración pública, de acordo coas administracións central, autonómica e provincial».