Rosendo Fernández recibe en Fitur o recoñecemento de “Compromiso de Calidade Turística” do Destino SICTED “Ourense Termal”

Ourense, 22 de xaneiro de 2023.– O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, recolleu en Fitur o diploma de recoñecemento do “Compromiso de Calidade Turística” para o Destino SICTED Ourense Termal, dentro da cerimonia da XIII edición dos Premios SICTED, outorgados pola Secretaría de Estado de Turismo e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

O acto celebrado en Madrid, que contou coa presenza da secretaria de Estado de Turismo, Rosa Ana Morillo, referendou o “compromiso para a mellora continua da calidade turística e o esforzo, ao longo do ano 2022, para a implantación do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino en Ourense Termal”.

Este sistema integral de calidade é unha ferramenta de gobernanza e cooperación pública-privada promovido pola SETUR coa colaboración da FEMP, e está enmarcado dentro do Plan de Sostenibilidade Turística en “Ourense Termal”, a realizar entre 2022 e 2024 a través dun convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense, a Axencia de Turismo de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.

Saúdos.