A xerente do Inorde visita Punxín, un dos municipios beneficiarios do Plan de Sostibilidade Turística “Ourense Termal”

A xerente do #PSTOurenseTermal que lidera a Deputación de Ourense, visitou hoxe o concello de Punxin, un dos municipios beneficiarios do Plan de Sustentabilidade.

O alcalde e o tenente de alcalde de Punxín presentáronlle o proxecto de acondicionamento das Termas de O Bañiño.

O #PSTOurenseTermal contribuirá a potenciar o ensamblaxe desta nova instalación no conxunto da oferta turística do territorio, grazas ao convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense, a Axencia de Turismo de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.