Titular
A Deputación iniciará despois do Nadal a segunda fase da reforma do balneario de Berán, que prevé a súa apertura na próxima primavera
Medio de comunicación
Badalnovas
Fecha
11/12/2022
Enlace
Ver noticia completa
Resumen
Manuel Baltar, acompañado polo alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, e o presidente da entidade local menor, Avelino Carballal, visitou o que será o noveno recinto termal da provincia “que consolidará a nosa imaxe como o territorio con maior potencial termal de Europa”, afirma o presidente do goberno provincial
Un investimento de 400.000 euros, apoiado en fondos propios da Deputación e do Plan de Sustentabilidade Turística en “Ourense termal”, permitirá adecuar este espazo “ás necesidades do termalismo actual, cunhas instalacións superiores e nun enclave perfecto a escasos minutos da capital da provincia e a pouco máis de dúas horas da capital do Estado”, destaca Manuel Baltar